lunes, 24 de agosto de 2015

Festa da Istoria

Festa da Istoria RibadaviaTodo preparado para celebrar en Ribadavia a "Festa da Istoria", que  recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Recuperar a Festa foi un esforzo da xa desaparecida "Escola Taller de Santo Andrés". A testemuña fué recollida polo pobo, que representado por unha Coordionadora Veciñal a segue representando todos os anos, contando para iso cun gran número de voluntarios.

O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano a Coordinadora leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de xogos populares, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.

Non cabe dúbida de que a actividade principal é a "Festa da Istoria" e para iso non se escatiman esforzos que se ven recompensados polos distintos recoñecementos a nivel rexional, estatal e internacional (Declarada de Interese Turístico Nacional, Premio Canle da Historia...).

http://www.festadaistoria.com

1 comentario:

  1. Casinos near me - Goyang Café
    Explore the Casinos near 토토사이트직원모집 me. 메이저벳 Enjoy great 룰렛 사이트 casino 1xbet 후기 gambling activities in the most convenient 토토배당률보기 location in our city. We offer more than 100 slot machines and

    ResponderEliminar